O campo de fútbol municipal Lino Balado, de Oroso, será reformado

La Voz SANTIAGO

OROSO

Cedida

A obra consistirá no cambio completo do terreo de xogo

17 feb 2024 . Actualizado ás 05:05 h.

O alcalde de Oroso , Alex Doval, e o presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, asinaron onte un convenio de colaboración para o acondicionamento e remodelación do campo de fútbol municipal Lino Balado. A federación comprométese a asumir a redacción e o custo do proxecto construtivo da obra, como xa fixo nas reformas de instalacións noutros puntos de Galicia.

Os principais beneficiados serán a Escola Deportiva Xuventude de Oroso, ten 16 equipos e 264 licenzas; e o Sigüeiro Fútbol Club, con dous equipos e 63 licenzas, que utilizan estas instalacións e viñan demandado a súa mellora. A obra consistirá fundamentalmente no cambio completo do terreo de xogo, que está moi deteriorado.