00031664475514587617987
00031664475514587617987

Xubilación dunha funcionaria municipal en Oroso

La Voz

OROSO

cedida

Elena Espiñeira recibiu a homenaxe dos seus compañeiros no Concello tras 46 anos de servizo

30 sep 2022 . Actualizado ás 05:00 h.

Elena Espiñeira recibiu unha cálida homenaxe dos seus compañeiros no Concello de Oroso, co gallo de a súa xubilación. Non era para menos. Porque Elena sumou máis de 15 trienios de servizo público aos veciños do municipio orosino: foron 46 anos de dedicación, encargándose dun padrón municipal que creceu considerablemente desde que ela empezou a traballar, aínda na anterior casa consistorial. O alcalde, Luis Rey Villaverde, fíxolle entrega dunha placa conmemorativa nun acto emotivo no que non faltaron anécdotas do pasado e tamén bos desexos para o futuro: que a xubilación faga honra á súa etimología, e chegue con xúbilo, saúde e sorte para gozala durante moito tempo. E agradecéronlle ademais a amabilidade e boa disposición de Elena Espiñeira no seu posto laboral durante tantos anos.