O socialista Jorge Tuñas Caamaño, novo alcalde de Negreira

Emilio Forján NEGREIRA

NEGREIRA

Foi investido alcalde cos seis votos da súa formación

13 jun 2015 . Actualizado ás 14:27 h.

O socialista Jorge Tuñas Caamaño foi investido alcalde cos seis votos do PSdeG-PSOE. O PP votou ao seu candidato, Juan Rey Maceira, o alcalde saínte, despois de dous anos á fronte do Concello polo pacto co Partido Blanco . 

Pola súa banda, os dous concelleiros electos de Cidadáns, seguindo as directrices da súa dirección nacional, abstivéronse, facilitando que goberno a lista máis votada. Anteriormente esta formación eludira dar o seu apoio expreso ao PSOE debido a que Jorge Tuñas está imputado.

Jorge Tuñas quixo recoñecer no seu discurso este apoio: «Teño que agradecer aos compañeiros de Cidadáns de Negreira que cumprisen co dito, en precampaña e en campaña, de deixar gobernar á forza máis votada, e á forza escollida polo pobo», aclarou. «Entre todos temos que gobernar este concello. Prometín en campaña una serie de cousas que vou cumprir. Prometín darlle voz nas sesións plenarias aos grupos políticos que non teñan representación, e aos veciños e veciñas que estén aquí presentes», engadiu a continuación.

«Este bastón que teño nas miñas mans é do pobo de Negreira. Eu simplemente son un xestor voso, que ten que facer o mellor posible as cousas para todos vós. O mando é da soberanía popular», concluíu o socialista.