Vitorias de Boimorto e Tordoia, que se sitúan a catro puntos do play off

Ignacio Javier Calvo Ríos
NASO CALVO LA VOZ / SANTIAGO

BOIMORTO

CEDIDA

O Negreira gañou, pero sen golear, nunha fin de semana no que Flavia e Ordes deron un paso atrás ao caer fronte ao Estrada e o Club do Mar

26 feb 2024 . Actualizado ás 21:40 h.

O líder Negreira non puido golear esta vez na xornada 23 do grupo segundo da Primeira Galicia. E iso que visitou o García Calvo un dos pechacancelas da clasificación, o Valiño. A xornada foi moi negativa para o Flavia, que perdeu pola mínima no campo do penúltimo clasificado.

Os padroneses afástanse xa de forma considerable dos postos de promoción, aos que se achega o Tordoia, que salvou os tres puntos en casa fronte ao Esteirana. O Calo, que segue en posto de descenso, goleou ao Bertamiráns, nunha fin de semana no que no grupo primeiro volveu picar o Ordes, agora a oito puntos do play off. O Boimorto goleou no Carballal ao Valdoviño. O equipo rojillo está a catro puntos de distancia da promoción.

O Flavia afástase dos postos de promoción

Na xornada 23, a peor parte leváronlla o Praíña, que perdeu por 5-0 no campo do Baio; o Bertamiráns, que foi goleado (4-0) polo Calo; o Ordes, que no 87 foi sorprendido polo Club do Mar; e o Flavia, que perdeu no feudo do Estrada cun gol aos cinco minutos de empezar o duelo.

O Negreira superou por un axustado 2-1 ao Valiño. Juan de Selia marcou aos 11 minutos e estableceu o 2-0 o pichichi Gonzalo Suárez, no 60. No 65, marcaron os visitantes e os nervios apoderáronse da bancada do García Calvo.

Os pichichis Alberto Fraga e Gonzalo Suárez suman 17 goles

No Manuel Juncal de Tordoia, tamén marcou o outro pichichi do grupo, que do mesmo xeito que o negreirés Gonzalo Suárez leva 17 tantos. Así, o ariete Alberto Fraga asinou o 1-0 aos cinco minutos contra o Esteirana. O segundo (2-0) foi obra de Abel Torres, aos 11 minutos. Igualou o Esteirana, pero no 78 volveu marcar a Abel Torres o 3-2 definitivo.

En Calo asinaron a goleada Andrés Díaz, Denis García, Paulo Salgueiro e Miguel Botana. Mentres, en Boimorto marcaron Adrián Rial, Miguel Fernández, Figurín e Iván López.