María Jesús Novo asume a alcaldía de Boimorto tras a renuncia de Concheiro

Emma Araújo SANTIAGO

BOIMORTO

XOÁN A. SOLER

A rexedora, que xa gozaba de dedicación exclusiva, tomou posesión con duras críticas de PSOE e BNG

20 may 2016 . Actualizado ás 10:48 h.

María Jesús Novo Gómez, ata agora primeira tenente de alcalde de Boimorto polo Partido Popular, converteuse na terceira persoa en asumir a presidencia da corporación durante unha madrugadora sesión plenaria na que os únicos discursos saíron de boca da oposición, que de novo lembrou como o PP asumiu a alcaldía con Gonzalo Concheiro tras unha moción de censura a José Luis Rivas Cruz (BNG), que formara goberno co PSOE. Foi precisamente Rivas Cruz no que pronunciou o discurso máis duro da sesión ao renovar as súas críticas ao Partido Popular por ter promovido un cambio de goberno co apoio do ex socialista José Balado, ao que novamente acusou de tránsfuga e que renovou o seu apoio ao executivo popular ao dar o voto á nova alcaldesa. «Vanse facer ou que fixeron nestes sete meses, imos aviados», sinalou. Tamén reclamou explicacións aos veciños pola renuncia de Concheiro, implicado nunha investigación por un presunto caso de fraude.

A portavoz do PSOE, Ana Ledo, cunha intervención máis contida, comparou o ocorrido no que vai de mandato en Boimorto «cun circo». A nova rexedora limitouse a afirmar simplemente que «o tempo dá e quitará razóns».