Raquel Queizás narra na biblioteca de Arzúa contos e recordos da súa infancia

arzúa / a voz

ARZÚA

26 ago 2015 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Arzúa acolle hoxe o espectáculo A maleta dá avoa, protagonizado por Raquel Queizás. A sesión terá lugar ás doce do mediodía na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro e a entrada será gratuíta.

Trátase dunha actuación de contacontos na que Queizás manipulará unha serie de obxectos e marionetas. Durante os cincuenta minutos de función, os nenos gozarán de contos populares tradicionais e ambientados no rural galego. Todas estas historias están baseadas nos recordos de infancia da propia contadora. De feito, a maleta que Queizás subirá ao escenario representa a memoria na que se atopan os recordos entre libros, bonecas de millo, chapeus e adivinanzas.