Despedida da mostra de José María Barreiro na Cidade da Cultura e recta final para a de Lamazares no CGAC

La Voz

SANTIAGO

XOAN A. ADOITAR

A exposición do Gaiás conclúe hoxe

28 abr 2024 . Actualizado ás 04:55 h.

A exposición «Barreiro. Ou silencio que chove luz na xanela», que supón un percorrido polo universo pictórico do artista forcaricense José María Barreiro, despídese hoxe da Cidade da Cultura. Alí permanece aberta «Tesouros reais», que reúne pezas únicas chegadas desde o Museo de Terra Santa de Xerusalén.

Por outra banda, a mostra que repasa a traxectoria de Antón Lamazares no CGAC afronta a súa recta final, xa que pechará as súas portas o domingo 5. Hoxe haberá visita guiada ás 12 horas e o día 2 unha charla co artista.