A Facultade de Bioloxía da USC loita contra a desinformación sobre as vacinas cunha exposición

La Voz SANTIAGO

SANTIAGO

SANTI ALVITE

A exposición nace do libro dos farmacéuticos Raquel Carneiro e Luis Marcos, con ilustracións de Íñigo Ansola

09 abr 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A Facultade de Bioloxía da USC rompeu unha lanza en contra da desinformación coa exposición Vacinando. Dous séculos e sumando!, exposición que desde onte e ata o 23 de abril ocupará a entrada principal do edificio. Pensada para o gran público, a mostra percorreu máis de 85 localizacións de todo o país, mostrando a través de dez paneis diferentes temas como as vacinas contra o covid, os retos do futuro, o novo calendario aprobado polo Ministerio de Sanidade e as mentiras e contos máis comúns que afectan aos viarios.

A exposición nace do libro dos farmacéuticos Raquel Carneiro e Luis Marcos, con ilustracións de Íñigo Ansola. O proxecto foi galardoado cun dos premios do primeiro Foro de Innovación Social polo seu impacto na divulgación e por contribuír aos obxectivos da Organización Mundial da Saúde (OMS).

Na inauguración participaron o decano da facultade, Jesús Romalde, e o delegado de Farmamundi en Galicia, Héctor Castro. «Agradecemos moito o esforzo da USC para levar a mostra a Santiago, coa que se resolverán moitas dúbidas», afirmou Raquel Carneiro.