Goretti Sanmartín ten boas «vibracións» para un acordo para o aparcadoiro do Hospital Clínico de Santiago

La Voz SANTIAGO

SANTIAGO

Goretti Sanmartín (BNG) es la alcaldesa de Santiago
Goretti Sanmartín (BNG) é a alcaldesa de Santiago PACO RODRÍGUEZ

Espera que poida haber «un paso» importante cando se constitúa o novo Goberno galego

28 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, ten «vibracións positivas» sobre a posibilidade dun acordo coa Xunta para o aparcadoiro e os accesos ao Hospital Clínico, tras conversacións informais. A rexedora defende que na última proposta de Raxoi «hai achegamentos claros», porque expuña un financiamento do 80 % da Xunta e 20 % do Concello para os accesos na contorna, «deixando que a Xunta se encargue do que é o aparcadoiro», dixo en Radio Voz.

Para Sanmartín, «iso é camiñar nunha dirección de buscar unha solución que sexa global» e implicaría unha achega municipal «máis relevante» que os 3,5 millóns que a Xunta lle pide para o aparcadoiro. Iso suporía facer investimentos «para o conxunto da poboación» e non directamente para un aparcadoiro nun lugar que Raxoi non ve «o máis acaído». Agora, reiterou, se a Xunta insiste en facelo aí, «que o faga». Defende que a solución debe implicar os accesos e di que «as posicións poden estar máis próximas» tras eses contactos. Espera que poida haber un «paso importante» cando se constitúa o novo Goberno galego.