A minicentral de Portodiz, no río Furelos, terá un sistema de remonte de peces

La Voz SANTIAGO

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

A concesionaria construirá unha nova presa e restaurará o edificio

27 mares 2024 . Actualizado ás 05:05 h.

O proxecto de adaptación ambiental para a central hidroeléctrica de Portodiz, no río Furelos, permitirá o remonte de peixes para favorecer a súa reprodución. Esta mellora é un dos aspectos destacados pola Xunta á hora de anunciar a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) do visto e prace á ampliación do encoro para incrementar o aproveitamento enerxético nunha zona na que conflúen os municipios de Melide e Santiso

Lumymey, a adxudicataria da concesión hidroeléctrica cun aproveitamento que pasará dun a 5,75 metros cúbicos de auga por segundo, deberá construír unha represa con dúas escalas máis pequenas para salvar o salto da nova presa. Este proxecto foi sometido a información pública en febreiro do 2021 e o seu visto e prace leva implícita a obrigación dos concellos de Melide e Santiso de adaptar os seus plans urbanísticos para cualificar o terreo no que se sitúa a minicentral como chan rústico de protección de infraestruturas. Tamén necesita a declaración de incidencia supramunicipal. A ampliación finalmente autorizada implica construír unha nova presa de formigón co sistema de remontes para substituír á actual, que comezou a funcionar no ano 1928, ademais de restaurar o edificio. Coa publicación deste anuncio e a notificación aos interesados xa poden comezar as obras de ampliación.