Esgotadas as entradas para «Hábitats» no Gaiás

La Voz

SANTIAGO

cedida

Tamén tivo moi boa acollida as visitas guiadas a «Tesouros reais»

27 mares 2024 . Actualizado ás 04:55 h.

A experiencia inmersiva «Hábitats» da Cidade da Cultura, que ofrece unha viaxe polos ecosistemas dos cinco continentes, xa ten esgotadas as entradas para todas as súas sesións ata a súa despedida a mediados de maio. A proposta permite viaxar do deserto de Sonora nos Estados Unidos á gran barreira de coral australiana, desde o Mar de Weddell na Antártida á Cova de Ceza no Courel.

Tamén tiveron moi boa acollida as visitas guiadas á nova mostra «Tesouros reais», con pezas do Museo de Terra Santa. Todas as dispoñibles ata o día 14 están esgotadas.