Álvaro Casas, capitán do Compos: «Ser negativos afástanos do obxectivo»

Ignacio Javier Calvo Ríos
NASO CALVO LA VOZ / SANTIAGO

SANTIAGO

AURELIO FLOREZ

«Debemos asumir a situación na que estamos e afrontala cunha actitude boa e positiva», apunta o defensa central

22 mares 2024 . Actualizado ás 18:26 h.

Con Antón Permuy estivo na previa do partido o capitán do Compos, o defensa Álvaro Casas. «Non se pode illar o que está pasando esta tempada, pois todo vén das anteriores, da tempada que estaba Rodri Veiga e fixemos unha moi mala segunda volta. Tamén da campaña pasada na que faltou transparencia. Este ano marcámonos expectativas moi altas polo persoal que temos. Debemos asumir a situación na que estamos e afrontala cunha actitude boa e positiva. Ser negativos afástanos do obxectivo. Estamos a traballar ben e todo o mundo quere quedar o máis arriba posible na clasificación».

O defensa branquiazul entende que «a xente estea enfadada e decepcionada» e asume que «o persoal ten que saber xestionar as críticas da afección». Sobre a reunión desta semana co presidente, Antonio Agrasar, o futbolista recoñece que o máximo mandatario está «preocupado igual que os xogadores e o corpo técnico, pero está claro que se nos xuntamos todos imos estar máis preto do obxectivo».

Xa quedan poucas datas para concluír a liga regular, pero o futbolista entende que «o equipo está preto dos postos de play off e aínda hai tempo para lograr o máximo obxectivo que é o ascenso. Estamos a dous puntos do play off e temos equipo para conseguir o que nos propoñamos».