Julio Bernárdez: «Galicia calidade»

XULLO BERNÁRDEZ SANTIAGO

SANTIAGO

XOAN CARLOS GIL

Hai que felicitar ás afeccións e aos dous equipos e desexar que o derbi de volta en Sar sexa tan intenso

13 feb 2024 . Actualizado ás 20:25 h.

Espectacular partido, de alta calidade e excelencia, con dous equipos moi entregados e un terceiro factor fundamental no desenvolvemento do xogo, que foi o ambiente.

Un Breogán case noqueado despois do esforzo do mércores, foi levantado polo seu público, permitindo remontar unha vantaxe importante e dar a cara ante un equipo moi potente e concentrado. O espírito Quintela contaxiou ao seu equipo e permitiu reducir a renda que tivo desde o principio o Obradoiro no marcador.

Outro factor fundamental foi a riqueza táctica exposta polos dous bancos ao longo de todo o encontro, xestionando os recursos de cada un dos seus equipos e repartindo o tempo adecuadamente para chegar ao final cos dous mellores quintetos en cancha. Por outra banda, destacar a participación do adestrador breoganista, que despregou tácticas defensivas moi valentes que puxeron en problemas ao ataque obradoirista, nesta ocasión marcado pola diferenza física de Pustovyi.

Un momento de alegría foi a recuperación de Rigoberto Mendoza, que disputou os seus primeiros minutos tras a súa grave lesión e que foi fundamental para que o seu equipo lograse saír nos momentos máis delicados, cando Sergi Quintela e Momirov apertaron o marcador.

A parte de todos estes comentarios, foi fundamental a harmonía das dúas afeccións, moi entregadas, con respecto na bancadas e cun comportamento moi deportivo na cancha. Felicitar ás afeccións e aos dous equipos e desexar que o derbi de volta sexa tan intenso. E que Breo e Obra mantéñanse na ACB, algo fundamental para o desenvolvemento do deporte galego. Unha elite poderosa e potente é clave para o baloncesto de base.