Santiago perdeu 1.100 postos de traballo no 2022 e aumentou a súa poboación maior de 16 anos

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

Sandra Alonso

O municipio pechou o pasado exercicio con 42.800 persoas ocupadas, cando un ano antes contaba con 43.900

27 ene 2023 . Actualizado ás 22:09 h.

O 2022 non foi un bo ano para Santiago en termos de creación emprego. De acordo cos datos publicados onte polo Instituto Galego de Estatística (IGE), o municipio pechou o pasado exercicio con 42.800 persoas ocupadas, o que supón 1.100 menos que as 43.900 que constaban nesa situación no balance do cuarto cuadrimestre do 2021. Esta diminución da creación de emprego tivo lugar en pleno ano santo e nun contexto marcado polo notable incremento da poboación activa, que en Santiago pasou de 45.700 persoas maiores de 16 anos a finais do 2021 a 48.600 ao peche do 2022. Isto tradúcese nun significativo repunte da poboación que o IGE computa como parada, que subiu de 1.800 a 5.800 persoas durante o ano pasado. A fenda é aínda maior se se toma como referencia o cuarto cuadrimestre do 2019. Entón había 6.500 ocupados máis.