Dan o alto a un condutor por exceso de velocidade en Poio e detense no control fumando un porro

Alfredo López Penide
López Penide POIO / LA VOZ

POIO

POLICÍA LOCAL DE POIO

Foi denunciado pola velocidade e a tenencia da sustancia estupefaciente, e o seu vehículo foi inmobilizado

19 abr 2024 . Actualizado ás 17:47 h.

Leste mesmo venres, un condutor foi denunciado pola Policía Local de Poio por conducir con presenza de drogas no organismo. Desde a Xefatura municipal precisaron que os axentes deron o alto a esta persoa no transcurso de un control preventivo de velocidade inadecuada na zona de San Salvador.

Ao parecer, excedera a velocidade permitida «e chegou circulando ata o control fumando un porro». O policía actuante comprobou que efectivamente se trataba dunha sustancia estupefaciente, polo que procedeu á súa incautación.

De igual modo, requiríronlle para que realizase o test salivar de drogas dando positivo. Á vista destes feitos, desde o corpo apuntaron que se trata de unha infracción que «supón unha multa de 1.000 euros e a perda de 6 puntos do carné».

Ademais do exceso de velocidade, «propúsose á Subdelegación do Goberno en Pontevedra por consumir sustancias na vía pública», mentres que o vehículo quedou inmobilizado.