Sofre unha caída de moto en Poio ao esquivar a un xabaril

Alfredo López Penide
López Penide POIO / LA VOZ

POIO

POLICÍA LOCAL DE POIO

O accidente produciuse en plena estrada da costa ao seu paso polo restaurante Casa Solla

25 mares 2024 . Actualizado ás 09:51 h.

Á primeira hora da noite deste domingo, ao redor das nove menos dez, os servizos de urxencias tiveron que asistir a un motorista que sufrira unha caída cando transitaba pola PO-308 ou estrada da costa. Segundo precisaron desde a Policía Local de Poio o accidente produciuse no tramo denominado avenida de Sieiro, ao seu paso polo restaurante Casa Solla.

POLICÍA LOCAL DE POIO

Os axentes municipais desprazados confirmaron, de igual modo, que a caída se produciu despois de que o motorista intentase esquivar a un xabaril que irrompera na calzada.

O piloto da moto, segundo engadiron estas fontes, resultou ferido, polo que unha ambulancia do 061 derivouno ao centro hospitalario de referencia.