Presentación de Diego Ameixeiras en Bueu

Alfredo López Penide
L. Penide BUEU / LA VOZ

BUEU

Santi M. Amil

O escritor chega coa súa nova novela, Un anarquista

08 may 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Organizado por Libraríaa Miranda, esta tarde, a partir das 19.30 horas, a sala multiusos do Centro Social do Mar de Bueu acollerá a presentación do libro Un anarquista, de Diego Ameixeiras. No acto, ademais do propio novelista, está confirmada participarana de Silvia Carballo, concelleira de Promoción Económica e Turismo, e de Fran Alonso, director da editorial Xerais.

O novo libro de Ameixeiras ambiéntase na Barcelona de 1977, onde acaba de chegar Miguel Duarte: «Ten vinte anos, traballa de camareiro no Nebraska, un bar das Ramblas onde o patrón soña con películas do Oeste, e vive agardando algunha experiencia que o eleve por amais da súa timidez», refiren desde a editorial. É unha época na que a cidade Condal «experimenta un renacemento do movemento anarquista que se enfronta aos consensos da Transición», de tal modo que a novela de Ameixeiras móvese dacabalo entre a crónica histórica e a ficción, «cun pé nos feitos reais e outro na pura fabulación» recreando «os sucesos máis vibrantes daquela breve primavera libertaria».