Primeira reunión entre BNG e PSOE pola alcaldía de Barro

La Voz

BARRO

Abraldes e Sanmartín dan por feito que farán faltas varias reunións para pechar o acordo de goberno

29 may 2015 . Actualizado ás 05:00 h.

Os portavoces de BNG e PSOE de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes e José Sanmartín, manteñen esta noite a primeira reunión para pactar un goberno de coalición para os próximos catro anos en Barro.

Explica Abraldes que esta primeira cita será só unha toma de contacto, «non imos chegar a un acordo na primeira reunión», aclara o nacionalista. A xunta servirá para pór en común os programas dunha e outra candidatura e para marcarse os obxectivos para futuras reunións.

A intención do que será o futuro alcalde de Barro, o nacionalista Xosé Manuel Fernández Abraldes, é levar a cabo numerosas conversacións antes do día 13 de xuño nas que analizar todos os asuntos municipais para ter claro como actuar desde o primeiro minuto no que estean no goberno. A cita empezará ás 21.15 horas.

24m: os novos gobernos