Plantación de 200 árbores na contorna do CEIP de Marcón

La Voz

PONTEVEDRA

Os escolares participaron na xornada de plantación

26 abr 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Escolares do CEIP Marcón, en Pontevedra, participaron este xoves nunha plantación de árbores na contorna do centro escolar. A actividade enmárcase no programa Voz Natura, iniciativa medio ambiental de La Voz de Galicia e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, co patrocinio da Consellería de Medio Ambiente, a Deputación da Coruña, a Fundación Alcoa, El Corte Inglés, a Fundación Ramón Areces e Inditex. A plantación, en colaboración coa comunidade de montes, incluíu 200 exemplares.