Victoria sólida do Arxil, que goza dun final de liga cos deberes feitos (69-51)

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

CAPOTILLO

23 mares 2024 . Actualizado ás 23:18 h.

O Arxil está tranquilo. Co obxectivo do play off de ascenso xa conseguido, só quedaba gozar. Iso é o que fixo. Durante toda a semana pediu á afección verde que acudise ao CGTD para celebrar esa clasificación. Querían dedicarlle unha vitoria ante o Náutico Tenerife. E cumprírono, a pesar de ter un inicio de partido moi igualado. Chegaron ao segundo cuarto con só un punto de diferenza, pero o bo traballo do grupo na liña de atrás e en ataque tinguiu a pista de verde.

Dominaron. E esa renda que abriron antes do descanso foron capaces de mantela. Regresaron do túnel de vestiarios co electrónico marcando un 29-23. Volveron coller as rendas no terceiro cuarto e obtiveron un resultado case idéntico no último, deixado un marcador final que confirma o bo estado de forma.

Con esta vitoria, o Arxil suma xa o seu quinto triunfo consecutivo despois de imporse ao CEIEG, Maristas, Magec Tías e ABDA. O resultado de onte si rompeu a serie das canarias, que viñan a Pontevedra co obxectivo de asinar tamén o seu quinto triunfo. Ao equipo de Maite Méndez xa só lle quedan tres partido para acabar a fase regular. A próxima semana xogarán en Mataró.

FICHA

Arxil: Carolina Ribeiro dous Santos (16), María Lago (10), Cristina Díaz-Pache (2), Nerea Liste (15) e Nena Trajchevska (2) —cinco inicial—. Lara Durán (3), Aldara Vázquez, Miriam García 82), Margarita Moreira (5) e Andrea Glomazic (9).

Náutico Tenerife: Elena Escuder (9), Mama Cisse (2), Sofía Magali Leiva (10), María Rosales (4), Gara Jorge (11) —cinco inicial—. Andrea Rodríguez (5), Daniela Bercedo (4), Claudia García (3) e Tania González (3).

PARCIAIS: 15-14, 17-9 (29-23, descanso) 19-14 (48-37), 18-14 (69-51, final)

ÁRBITRO: Julián Rico Prieto e Martín Trasancos Blanco .