As mulleres maiores de Xinzo aprenden das novas tecnoloxías

La Voz

XINZO DE LIMIA

Casa consistorial de Xinzo
Casa consistorial de Xinzo Miguel Villar

O programa leva por nome «Nómades Dixitais»

20 mares 2024 . Actualizado ás 16:30 h.

Este luns comezou en Xinzo o programa «Nómades Dixitais», un acompañamento a mulleres maiores nas novas tecnoloxías, que se desenvolve no centro social de Ganade. A actividade desenvolverase durante os próximos tres días, para entender o funcionamento do móbil, empregalo de forma segura, coñecer as boas prácticas e os malos hábitos e o uso de aplicacións.