Chega a Ourense a xira de Café Quijano

La Voz

OURENSE CIDADE

Café Quijano
Café Quijano Cedida

A banda actúa este venres no Auditorio de Ourense

13 mares 2024 . Actualizado ás 18:52 h.

Día 15 • 20.30 horas • Auditorio de Ourense • Desde 30 euros • Regresa Café Quijano á cidade e faino coa súa nova proposta: o Manhattan Tour 2024

Na información da xira destácase que non existe no panorama musical un grupo que teña sido capaz de acadar as cotas máis altas de éxito e popularidade en dous estilos musicais tan diferentes: o pop rock e o bolero. «En ambos os estilos conseguiron chegar ao número uno e ser recoñecidos cos máis prestixiosos premios e nomeamentos internacionais, incluído o Grammy Americano e o Grammy Award».

O traballo dos irmáns Quijano defínense como «parte da historia da máis exquisita música española senón que as súas cancións son éxitos que transcenderon no medio mundo e seguen sendo uns dos artistas españois máis recoñecidos internacionalmente». Ao longo da súa carreira colaboraron con Celine Dion, Carlos Santana, Armando Manzanero, Herbie Hancock, Black Eyed Peas ou Joaquín Sabina, entre outros.

O Manhattan Tour 2024 é un espectáculo que destaca «non só polo que cantan» Café Quijano senón tamén polo que contan.