A Deputación mobiliza medio millón de euros para cooperar en diferentes obras dos concellos

La Voz OURENSE / LA VOZ

OÍMBRA

Reunión de la junta de gobierno de la Diputación de Ourense
Reunión da xunta de goberno da Deputación de Ourense Alberte Paz

Aos clubs deportivos da provincia destinaranse 350.000 euros, mentres que para as bolsas individuais serán 30.000.

21 feb 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A xunta de goberno da Deputación de Ourense aprobou mobilizar 865.020 euros de fondos, destinados a cooperar cos concellos en diferentes obras (485.020,05 euros) e para axudas a clubs e deportistas (380.000 euros).

O concello de Oímbra recibirá 96.000 euros para a execución da obra de mellora de bombeo da auga e para a humanización de Espiño. Para o da Merca aprobouse unha axuda de 48.000 euros destinada ao firme de acceso a Cobas do Río; a mesma que para O Carballiño, que acometerá melloras nas infraestruturas viarias de Madarnás. A Deputación cooperará con Esgos na renovación da instalación de iluminación pública e a mellora da eficiencia enerxética; e con Laza, no abastecemento e saneamento da rúa Súas Chousas. Tamén se verán beneficiados os municipios de Leiro, Manzaneda, Xunqueira de Espadanedo e A Teixeira.

Por outra banda, para os clubs deportivos da provincia destinaranse 350.000 euros, mentres que para as bolsas individuais serán 30.000. O prazo para presentar solicitudes comezará a partir da publicación da convocatoria na Base Nacional de Subvencións.