Un emprendimiento cheo de casualidades: paseando cunha amiga viu un local en alugueiro e tivo claro que alí abriría a súa academia

María Cobas Vázquez
María Cobas O Barco

O Barco de Valdeorras

Sonia Garrido, en su academia en A Rúa de Valdeorras
Sonia Garrido, na súa academia na Rúa de Valdeorras MIGUEL VILLAR

Sonia Garrido reconverteu unha vella tenda de discos nun espazo de reforzo educativo na Rúa de Valdeorras

05 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O pasado mes de outubro Sonia Garrido (O Barco de Valdeorras, 1990) abriu a academia Aperta na Rúa de Valdeorras. E fíxoo despois dunha serie de marabillosas casualidades que a levaron a apostar por ter o seu propio negocio: non pode estar máis contenta. Todo comezou cun café. Quedou cunha amiga na Rúa para charlar un intre. Dando un paseo viu un cartel de alúgase» nun local na rúa Miguel de Cervantes e encantoulle. Non sabe explicar moi ben o motivo, pero viu que era o sitio para emprender, unha idea á que levaba tempo dándolle voltas porque o seu traballo como coordinadora do servizo de axuda a domicilio en Vilariño de Conso non lle convencía. «A Rúa está a medio camiño entre O Barco e Viana, onde vivo agora, así que me encaixaba», di.

Chamou para ver o local e tívoo claro. Alí poría a súa academia de reforzo educativo, o proxecto que lle permitiría volver traballar con nenos (como fixo durante a súa etapa de seis anos no centro de menores Arela), pero cun horario máis cómodo. Xa naquela visita para informarse sobre o posible alugueiro xurdiu o nome. «O dono contoume que tivera alí unha tenda de discos que se chamaba Aperta. Gustoume moito así que quedei con el porque era como unha volta ás orixes», relata. Na reforma contou co apoio do seu pai e o seu noivo, «que son uns manitas».

Chegou á Rúa por casualidade e a acollida foi moi boa. Mestra e pedagoga, na oferta de Aperta inclúe talleres de inglés para infantil nos que os máis pequenos da casa achéganse ao idioma a través de manualidades, cancións, xogo interactivo ou contos. Aos alumnos de primaria e secundaria, Garrido ofrécelles apoio escolar. Pode así exercer a profesión para a que se formou e que a ten atrapada. E permítelle vivir na zona, un dos motivos polos que recoñece que nunca se expuxo as oposicións en serio. «A », idea de andarme movendo por toda Galicia mentres non tes a praza nunca me gustou. E, por sorte, sempre tiven traballo cercasinala. De feito, conta que, desde que estando no paro chamárona para Arela, ha ir encadeando contratos ata chegar ao momento no que está hoxe. «Tiña ganas de abrir a academia e atopei o local. Foi casualidade e era o momento, porque eu quería cambiar», remata.