Cartelle celebra un maratón festivo na véspera de Reyes

La Voz OURENSE

CARTELLE

BASILIO BELLO

O polideportivo Piño Vilachá será escenario de actividades musicais e festivas para pechar o programa do Nadal do municipio

25 dic 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

O programa do Nadal de Cartelle entra na súa recta final tras varias actividades musicais celebradas ao longo de decembro. Aínda quedan, en calquera caso, algunhas das actividades máis agardadas. Por exemplo, o vindeiro xoves, día 28, será a visita dos nenos do municipio a Pazolandia . Para iso os buses sairán ás 9.00 horas desde Sande, Santo Tomei e Bouza e tanto o desprazamento como a entrada o paga o Concello. Ademais, o día 30 ás 20.00 horas celebrarase un concerto da Coral Polifónica Solpor de Celanova.

Pero o prato forte do Nadal en Cartelle é, sin duda, a festa de Reyes, que se celebrará durante horas o día 5 no polideportivo Piño Vilachá de Outomuro. Todo arrincará cunha presentación musical a cargo do DJ Fidel ás 15.30 horas. Trinta minutos despois está programada a actuación da banda de gaitas Nova Fronteira e, finalmente, ás 17.00 horas, está prevista a recepción aos Reis Magos. Ese será o punto álxido da xornada, pero as actividades organizadas polo Concello de Muíños non rematan aí. Ás 18.00 horas celebrarase o espectáculo Peor imposible, de Peter Punk, que une circo, malabares, equilibrios, humor e clown. Para rematar, a partir das sete da tarde haberá unha chocolatada con churros e palomitas gratis para todos os asistentes mentres DJ Fidel volve amenizar musicalmente a actividade.