Nove produtores ecolóxicos representan á provincia na feira Biocultura da Coruña

La Voz OURENSE

OURENSE

Rosendo Fernández, en la feria Biocultura de A Coruña.
Rosendo Fernández, na feira Biocultura da Coruña. CEDIDA

A Deputación ourensá destaca o carácter referente da cita

03 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A provincia de Ourense está representada esta fin# de semana na feira Biocultura, que remata este domingo na Coruña. A Deputación levou un expositor ao recinto de Expocoruña a través do Inorde (Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico) en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia.

Na caseta teñen o seu espazo nove microempresas ou emprendedores que traballan con produtos ecolóxicos ou turísticos nos concellos que forman parte dos geodestinos Trevinca-Valdeorras e Terras de Celanova-Serra do Xurés, xestionados polo Inorde. Trátase, en concreto, de Adegas Docampo-Gacio (Rubiá), Agrupación Apícola (Barbadás), aloxamento A Pontevella (Carballeda de Valdeorras), Bioca (Petín), Eco dous Teixos (Carballeda de Valdeorras), Quinta Equs (Lobios), Terras Altas de Trevinca (A Veiga) e Wildhologram e Xesta Brava (Ramirás).

Á inauguración deste evento en Expocoruña desprazouse tamén o deputado de Representación Institucional do goberno provincial e presidente do Inorde, Rosendo Fernández. «As pequenas empresas ourensás, que desenvolven o seu traballo nestes sectores produtivos, terán a oportunidade de promover os seus produtos nesta feira de referencia no turismo sostible de España», destacou.

Biocultura é a feira de produción ecolóxica e ecoturismo «máis grande do Estado», subliña un comunicado da Deputación ourensá. Nesta edición, a quinta, participan máis de 150 expositores e agárdase a asistencia de ao redor de 13.000 visitantes.