O alcalde do PP de Punxín delega en Eladio Fernández a contratación de obras

La Voz

OURENSE

Eladio Fernández
Eladio Fernández MIGUEL VILLAR

O tenente de alcalde é o portavoz de Compromiso por Galicia

18 feb 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O rexedor de Punxín , o popular Manuel Vázquez Fernández, delegou no tenente alcalde, Eladio Fernández (Compromiso por Galicia), as atribucións da alcaldía relativas á contratación das obras que se realicen no municipio. Esta competencia inclúe a aprobación de memorias, proxectos, pregos de cláusulas administrativas, adxudicación do contrato ou formalización do mesmo.