Bumba (Narf e Timbila Muzimba) actúa en Barbadás

La Voz

OURENSE

17 jul 2006 . Actualizado ás 07:00 h.

?a obra social de Caixa Galicia dentro do ciclo As nosas músicas achega esta noite ao patio do colexio Filomena Dato da Valenzá a actuación de Bumba . Nesta formación conflúen as músicas dos grupos Narf e Timbila Muzimba. Trátase dun espectáculo único que enche o escenario de varios artistas ao redor de sones que mesturan os sones tradicionais de Galicia e Mozambique. Barbadás. Ás 23.00 horas.