O Obradoiro presenta unha oferta polo base Albert Sábat

JAIME CRESPO, N. C. SANTIAGO / LA VOZ

ANDAR MIUDIÑO

Pedro Salgado

O 6 de setembro será o día límite para renovar o abono e conservar o mesmo asento da tempada pasada

08 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O Obradoiro presentou unha oferta por Albert Sàbat, xogador suxeito a dereito de tenteo polo Joventut. O club verdinegro disporá ata o martes 11 de xullo ás 24 horas para decidir se iguala ou non a oferta.

Sàbat disputou as dúas últimas tempadas nas filas do equipo de Badalona, co que a pasada campaña promedió 9,8 puntos, 3,3 asistencias e 9,6 de valoración media en 31 partidos.

Os abonados e os seus asentos

Unha das datas crave deste verán en canto á campaña de abonados do Obradoiro será o 6 de setembro, día límite para renovar o abono e conservar o mesmo asento da tempada pasada. A partir dese momento, os asentos dos afeccionados que non teñan renovado quedarán dispoñibles para novos afeccionados ou para abonados que estean a buscar cambiar a súa localización.

Continúan vixentes os numerosos descontos para realizar os abonos, empezando polo 15 % pola renovación e o 10 % por levar a un amigo (co correspondente 5 % para o amigo). Os abonados de tempadas anteriores á 2016/2017 teñen a opción de volver a Sar beneficiándose dun 10 % de desconto. Ademais, esta tempada pódese volver ligar o abono á figura do Amigo da Fundación Heracles e por cada doazón de 130 euros obterá 50 euros de desconto directo no abono e 100 euros de depósito para retirar entradas ao longo da tempada.