Un sismo de 3.7 en Sarria deixouse sentir en puntos das comarcas

La Voz LALÍN / LA VOZ

SARRIA

16 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Un sismo de magnitude 3.7 con epicentro en Sarria deixouse sentir ao redor das catro e media da tarde de onte nas comarcas. Un leve tremor que pillou a moitos nos seus domicilios, a outros no traballo ou en plena rúa. A través das redes sociais comezaba un aluvión de referencias a ese tremor de persoas de municipios como Silleda, A Estrada ou Lalín, entre outros. Pero sen que houbese danos.