O Concello publicará o libro sobre a toponimia do municipio do investigador Carlos Vázquez

Enrique Gómez Souto
enrique g. souto LUGO / LA VOZ

LUGO CIDADE

É o primeiro estudo completo de todas as parroquias de Lugo

17 ene 2017 . Actualizado ás 21:50 h.

Nun par de meses verá a luz un novo libro editado polo Concello: «Toponimia do Concello de Lugo», que é a tese doutoral de Carlos Vázquez García (1957), profesor de Secundaria, fincando na capital lucense e natural de Monterroso. É o primeiro estudo completo sobre esta materia no municipio que preside Lara Méndez. Vázquez xa traballara anteriormente sobre a toponimia de Monterroso (2002) e Guntín (2006).

No resumo que aparece no principio da súa tese, segundo pódese ver en Internet, sinálase: «O presente traballo ten por obxecto o estudo toponímico das 352 aldeas nas que se dividen as 55 parroquias que conforman o termo municipal de Lugo, ademais doutros 59 lugares que se corresponden con barrios, portas, prazas, rúas, etcétera, que, aínda que non figuran no nomenclátor da Xunta de Galicia, si constan nos mapas urbanos do concello ou na documentación antiga. Para o seu estudo partimos das diferentes ocorrencias medievais que atopamos nos diversos documentos catedralicios. Dende aí, intentamos explicar a orixe de cada topónimo, para o que nos valemos de estudos anteriores e tamén da comparación con formas ou raíces semellantes noutras linguas, tanto romances coma prerromanas. Así mesmo, na medida do posible, procuramos achegar unha probable motivación semántica de cada topónimo. Da súa análise, observamos que a maioría do nomenclátor actual xa estaba fixado na época medieval».

Vázquez explica que, entre outra documentación, manexou os catro tomos da colección diplomática de Cañizares, que entón estaban sen editar e hoxe xa o están. Recorreu a documentos da catedral lucense dos séculos XIV e XV, recompilada pola profesora María José Portela.

Procedemento

O investigador sinala:

«O que fago é estudar o topónimo, localizalo e decidir de onde pode vir, e despois indicar onde aparece e en qué ano»

. Nalgunhas ocasións, as denominacións teñen semellanza coas portuguesas e, neses casos, consultou documentación lusa. Outra fonte á que recorreu foron as coleccións dos mosteiros próximos a Lugo, como son as dos de Ferreira de Pallares, Sobrado dos Monxes e Samos. Outros recursos utilizados, máis modernos, foron o Catastro de Enseada, o Dicionario Madoz e os mapas topográficos.

Culminar a investigación sobre a toponimia do municipio de Lugo esixiu cinco anos de traballo a Carlos Vázquez, dous deles dedicados a recoller as distintas formas.

Iniciativa editorial

O Concello de Lugo, fundamentalmente a raíz do mandato do alcalde José López Orozco, mantén certa regularidade na publicación por conta propia de libros sobre temática directamente relacionada co municipio. Unha das coleccións máis coñecidas é a do

San Froilán dos Devanceiros, sobre aspectos de las fiestas

.

O coordinador de publicacións do Concello é o escritor e académico Darío Xohán Cabana.