Na Fonsagrada esgotáronse as existencias na Feira do Butelo

e.g.s. LUGO / LA VOZ

LUGO CIDADE

O alcalde entregou o Butelo de Ouro ao profesor Enrique López Fernández

01 feb 2016 . Actualizado ás 05:00 h.

Libre dos inconvenientes provocados pola neve o ano pasado, a Feira do Butelo da Fonsagrada rexistrou máis afluencia de público que na pasada edición. Nesta ocasión esgotáronse as existencias postas á venda. Como estaba previsto, nun acto celebrado na casa consistorial, o alcalde, Argelio Fernández, fixo entrega do «butelo de ouro» ao profesor Enrique López Fernández, polo seu labor investigador sobre A Fonsagrada e pola súa colaboración co museo do municipio. Esta mesma distinción téñena Forges e o produtor cinematográfico Julio Fernández.

No transcurso da feira, os empresarios fixeron entrega do premio do sorteo que promoveron.