O Fisober debe gañar ao Begonte para seguir no máis alto

La Voz

BEGONTE

basilio belo

Xogan hoxe no Conco, ás 16.15 horas

13 ene 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O Fisober volve á competición para afrontar a penúltima xornada da primeira volta da Preferente feminina. Será hoxe, no Conco e fronte ao Begonte (16.15 horas). Un duelo no que as de Fran Toba necesitan gañar se queren seguir no máis alto, pois só avantaxan nun punto ao Vilalba, único equipo capaz de gañarlles. O Begonte é o sétimo clasificado.