«Non queremos desvirtuar a competición», afirma Juan Nécega

Miguel Álvarez LUGO / LA VOZ

LUGO

O Ensino, que non se xoga nada, visita o sábado ao Adba

06 abr 2017 . Actualizado ás 12:33 h.

A Liga Feminina 2 botará o peche esta fin de semana. O Ensino, coa salvación asegurada, viaxará a Avilés para medirse co Adba. As asturianas están inmersas na loita pola permanencia. Sobre o duelo do sábado, Juan Nécega, adestrador do Durán Maquinaria, manifesta que «o noso obxectivo é intentar igualar o número de vitorias da tempada pasada. Por suposto que non temos intención de relaxarnos, porque non queremos desvirtuar a competición. Temos a obrigación de gañar ou de disputar o partido nas mellores condicións».

En principio, o técnico mariñán contará con todos os seus efectivos para o choque ante as asturianas. Incluída Andrea Ríos, que xa reapareceu ante o Sant Adrià, e Licet Castelo, que sofre unha fascitis plantar.