O Ensino prepárase para unha cita clave ante o Oviedo

Miguel Álvarez LUGO / LA VOZ

LUGO

Un triunfo daríalle a permanencia ás lucenses

23 mares 2017 . Actualizado ás 12:39 h.

O Pazo Universitario será escenario o sábado ás sete do duelo entre o Ensino e o Universidade de Oviedo. Ambos os conxuntos están inmersos na loita pola permanencia, un obxectivo que as lucenses acadarán de xeito virtual se conseguen a vitoria. En principio, o técnico Juan Nécega poderá contar con todos os seus efectivos fóra de Andrea Ríos. Pero está por verse o estado no que comparecen Licet Castelo, Sara Cuíña, Sasha Begenisic e Paloma Dorda, que arrastran problemas físicos.

Acerca do conxunto ovetense, Nécega explica que «virán con necesidade de vitoria. Pasaron o seu pico de forma e agora teñen problemas de lesións e coa xente sobrecargada de minutos. Pero son un rival moi duro».