O Escairón gañou ao Taboada e aínda pode lograr o ascenso directo

luís conde MONFORTE / LA VOZ

TABOADA

CEDIDA

25 mares 2024 . Actualizado ás 20:21 h.

O grupo lucense da Primeira Autonómica está máis que emocionante. Os resultados desta fin de semana apertan aínda máis a zona de privilexio. E é que a vitoria (2-1) do Burela sobre o líder, o Pol, deixa aberta a posibilidade de que o Escairón poida ascender directamente á Preferente.

Iso si, para que iso ocorra, os discípulos de Iván González teñen que gañar todos os seus partidos e agardar o tropezo destes dous conxuntos, que son primeiro e segundo, respectivamente. O cadro do Saviñao está nun momento doce, que se reflectiu esta fin de semana no triunfo que cultivou no campo da Medela-Canti ante o Taboada. O Escairón impúxose por 0-2 con goles de Fabricio e Asier.

Tras esta vitoria, o conxunto do Saviñao queda con 62 puntos, un menos que o Burela e seis menos que o Pol. Ocupa a terceira praza.

Ao Escairón quedan os seguintes rivais: Meira, Portomarín, SD Chantada, Guntín, Outeiro de Rei, Lourenzá e Milagrosa. Sin duda, o derbi ante a SD Chantada pode ser determinante nas aspiracións de ambas as escuadras.

Precisamente, o conxunto que prepara Traste conseguiu unha vitoria de altura a domicilio ante o Outeiro de Rei. Os chantadinos impuxéronse por 0-1 con gol de Pablo. Este marcador deixa á SD Chantada na cuarta posición con 58 puntos, catro menos que o Atlético Escairón e dous máis que os seus veciños do Chantada Atlético.

Este conxunto goleou ao Monterroso (5-0) con tantos de Dani, Diego, Anxo e David. O equipo de Edu Rodríguez é quinto e suma 56 puntos.

Pola súa banda, o Taboada ocupa a novena posición cun total de 35 puntos. A permanencia está no peto.