O Chantada Atlético tomba ao Ribadeo (3-2) e clasifícase para semifinais

luís conde MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

CEDIDA

01 may 2024 . Actualizado ás 19:49 h.

O Chantada Atlético estará nas semifinais de Cópaa Deputación. O equipo que prepara Edu Rodríguez impúxose este mércores ao mediodía pola mínima (3-2) a todo un equipo de Preferente, o Ribadeo. Os locais completaron un bo partido ante un opoñente ao que dominaron a maior parte.

Abriu o marcador a escuadra local no minuto 4 por medio de Adri Salgado, que tamén puxo o 2-0 no minuto 49. Con este marcador reaccionaron os futbolistas do Ribadeo, que empataron cos goles de Hermida e Simón nos minutos 60 e 71, respectivamente. E a falta de sete minutos para a conclusión do choque marcou Luis o 3-2.

O Atlético Escairón tamén estará nas semifinais de Cópaa Deputación. A pesar de comezar perdendo, o equipo que prepara Iván González derrotou ao Santaballés pola mínima (1-2). Os goles marcáronos Arias —fixo o tanto do empate— e Julito.