0003_202404M30C5993

O futbolista marroquí Aissa anotou dous goles e deu a asistencia do 3-1

luís conde MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

ALBERTO LOPEZ

29 abr 2024 . Actualizado ás 19:52 h.

Dous goles e a asistencia do gol. Estas foron tres das prestacións que ofreceu ante o As Pontes Aissa O Jamai. O futbolista marroquí deu todo un recital, certificando o seu mellor partido coa camiseta do Lemos. «Fixo quilómetros. Estivo bastante ben. O domingo optamos por situalo nunha posición máis adiantada, porque sabiamos que podía facerlle máis dano ao rival. Roubou balóns e desequilibrou pola súa forza e envergadura», sinala Juanlu Bernal.

O próximo rival do Lemos será o Cidade de Ribeira, pero antes tocará disputar os cuartos de final de Cópaa Deputación. Será este mércores ás cinco da tarde ante a SD Chantada. «Dosificaremos. Daremos descanso aos futbolistas que máis o necesitan. Pero competiremos por pasar, porque a copa ilusiona moito no club», conclúe.