O Brollón goleou ao San Lázaro e clasifícase para xogar o play-off de ascenso

luís conde MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

CEDIDA

24 abr 2024 . Actualizado ás 18:20 h.

O Brollón loitará polo ascenso á Primeira Autonómica. O equipo que prepara Chura goleou ao cuarto clasificado, o San Lázaro, por 5-0, un resultado que pemite á escuadra dos Medos asegurar matematicamente a súa presenza no play-off. Sin duda, todo un éxito para un equipo que está a destacar pola regularidade.

Con este triunfo, o Brollón colócase de novo na segunda praza da clasificación do grupo sur da Segunda Autonómica. Suma 55 puntos, seis menos que o líder, o Oural, que tamén goleou (5-0) ao Carballedo.

O Ferreira desaproveitou unha oportunidade de ouro para achegarse aos postos de play-off. Os xogadores de Manu non pasaron do empate (2-2) ante o pechacancelas, o Sporting Lucense. No municipal do Carboeiro, o Lemos B sucumbiu ante o Incio por 2-1 e aínda non está fóra do descenso.

O Paradela goleou ao Quiroga (6-2) e o Chantada B caeu derrotado pola mínima (2-1) ante o Antas.