O Brollón, a un paso de xogar polo ascenso de categoría

luís conde MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

CEDIDA

09 abr 2024 . Actualizado ás 19:55 h.

O Brollón ten un pé e medio no play-off de ascenso á Primeira Autonómica. O cadro de Chura impúxose pola mínima (1-0) ante o San Roque, resultado que o deixa na terceira praza con 49 puntos, a catro do segundo, o Becerreá.

O resto de marcadores da xornada no grupo sur da Segunda Autonómica foron Becerreá, 6-Incio, 1; Oural, 3-Lemos B, 2; Paradela, 3-Carballedo, 1; Antas, 1-Quiroga, 1; e Chantada B, 5-Ferreira, 2.