O azulgrana Luis Cota, con España sub-20

luís conde MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

CEDIDA

O xogador monfortino formouse na canteira do Korbis

15 mares 2024 . Actualizado ás 18:05 h.

O monfortino Luis Cota é presente e futuro do voleibol español. A nova promesa que se formou no Korbis e que actualmente compite co FC Barcelona foi convocado pola selección española sub-20 para preparar o campionato de Europa.

Cota disputará en Eslovenia co combinado nacional varios partidos amigables con vistas á posta a punto para unha competición na que España ten depositadas moitas esperanzas.

Co seu paso pola Concentración Permanente da Federación Española e polo FC Barcelona, Luis Cota deu un paso á fronte na súa carreira deportiva. Os técnicos destacan o talento que atesoura e o seu compromiso tanto á hora de adestrar como á de competir.

Cando comezou a emerxer Luis Cota, un dos seus adestradores, o actual director deportivo do Korbis, Roberto Castro, valoraba deste xeito as cualidades do monfortino. «Ten unhas cualidades impresionantes. Antropométricamente, Luis é o prototipo de xogador de volei perfecto. Como colocador é espectacular, cunha moi boa visión de xogo. Está chamado a facer grandes cousas», afirmaba a finais do 2022 Roberto Castro.

E non se equivocaron nin el nin o seu mentor deportivo, Óscar Rodríguez, que foi quen lle deu a alternativa. Este docente e adestrador animouno a xogar ao voleibol. E é que en Cota viu características que facían presaxiar un gran futuro.