O Chantada At busca infligir a primeira derrota na liga ao líder, o Pol

Luis Conde MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

ROI FERNANDEZ

14 feb 2024 . Actualizado ás 17:34 h.

A xornada número 22 do grupo lucense da Primeira Autonómica depara dous partidos importantes, que, sin duda, espertarán moita expectación. O primeiro disputarano o líder, o Pol, e o Chantada Atlético o domingo ás doce e media do mediodía.

Os futbolistas de Edu Rodríguez, que ocupan a cuarta praza da clasificación, queren ser os primeiros en derrotar a este transatlántico da categoría. Os chantadinos son conscientes da importancia dos tres puntos en xogo, e é que se non queren afastarse da zona de privilexio da categoría, teñen que gañar.

Ás cinco da tarde no campo municipal do Sangoñedo medirán as súas forzas a SD Chantada e o Taboada no que será o derbi comarcal da xornada. Tamén haberá puntos en xogo importante, e é que os discípulos de Traste queren dar o salto á cuarta praza, da que os separa un só punto.

Viaxe a Riotorto

Pola súa banda, o Atlético Escairón rende visita o domingo ás catro e cuarto da tarde a un Riotorto en horas baixas. Os discípulos de Iván González aspirar a situarse segundos, sempre e cando gañen e perda o Burela no campo do Santaballés. Sin duda, unha xornada importante.