Aspas e Marcelo, entre os 500 futbolistas máis influentes do mundo

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

XOAN CARLOS GIL

Os dous célticos figuran na lista elaborada anualmente pola revista especializada World Soccer

27 jun 2017 . Actualizado ás 15:20 h.

Os futbolistas célticos Iago Aspas e Marcelo Díaz forman parte da lista dos 500 xogadores máis influentes do mundo. Así o considera a revista especializada en fútbol World Soccer, que cada ano elabora esta relación de futbolistas na que tamén están os excélticos David Silva e Diego Costa, así como o vigués de adopción e fillo do excéltico Mazinho Thiago Alcántara.

Os criterios que se teñen en conta están encabezados polo rendemento de cada un dos deportistas, aínda que tamén se teñen en conta as accións que protagonizar fose do terreo de xogo. Outro criterio importante é, que sexan internacionais coas súas seleccións -caso tanto de Aspas como de Marcelo- e que teñan un papel importante nas mesmas. Tamén se presta especial atención aos futbolistas novos con proxección e que xa empezaron a despunta.

Por clubs, o Real Madrid encabeza a lista con 19, seguido do Bayern con 14, e compartindo a terceira posición con 13, Barcelona, Chelsea e Juventus. A nacionalidade española é a que máis se repite entre os elixidos, con 47 que deixan atrás aos 41 de Francia. E tamén a Liga española imponse con 66 xogadores, por diante de a Bundesliga (64), a Premier (63) e a Serie A (60).