O día das tendas de discos

Fernando Molezún DIÓGENES

FUGAS

21 abr 2017 . Actualizado ás 05:15 h.

Mañá celébrase o Record Store Day, iniciativa posta en marcha fai xa dez anos para destacar o encomiable labor que realizan esas tendas de discos que sobreviven a pesar do empurre das grandes superficies como templos e puntos de encontro de fanáticos e afeccionados. Durante estes dez anos o RSD ha ir tomando cada vez máis relevancia, ata o punto de que grupos e discográficas preparan edicións especiais dos seus discos para pólas á venda de modo exclusivo neste día. En Galicia os establecementos participantes son Discos Fans e Discoprecio (Santiago), Don Disco (Lugo) e Peggy Records (Ourense). Este ano, entre as edicións especiais atópanse marabillas como unha caixa que contén os primeiros singles dos Ramones, a reedición do epé Non Plan de Bowie, Unha versión primigenia do Interstellar Overdrive de Pink Floyd, un directo en Londres de Lou Reed, así como reedicións varias de Prince, entre moitas outras sorpresas. Mesmo se recuperou o single de Strawberry fields e Penny Lane dos Beatles en edición limitada de 7.000 copias.

BEATLES PONSE A La VENDAS UNHA EDICIÓN LIMITADA DO SINGLE «STRAWBERRY FIELDS»