Valdoviño renova parte da iluminación do CPI Atios nestas vacacións

LA VOZ VALDOVIÑO

VALDOVIÑO

CEDIDA

O Concello aproveitou o descanso escolar para instalar luminarias de tecnoloxía led

28 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Valdoviño aproveitou as vacacións escolares de Semana Santa para renovar as lámpadas da planta baixa do CPI Atios.

Os traballos consisten na substitución dunhas 150 luminarias por outras de tecnoloxía led e afectan tanto ás aulas como ao comedor e a zona de cafetería do centro educativo.

A empresa Proymel executa estes labores de mellora da eficiencia enerxética, coas que o goberno local persegue un dobre obxectivo: «Menos impacto medioambiental e tamén de aforro na factura eléctrica ao conseguir unha redución do consumo».