Incendio na cociña dunha vivenda en Esteiro, en Pontedeume

LA VOZ PONTEDEUME

PONTEDEUME

CEDIDA

Afectou á campaña extractora, ao mobiliario e a outros electrodomésticos

23 abr 2024 . Actualizado ás 19:28 h.

Os Bombeiros do Eume sufocaron o incendio declarado á primeira hora da tarde na cociña dunha vivenda unifamiliar no lugar de Esteiro, na parroquia de Nogueirosa, en Pontedeume . O inmoble atópase preto da taberna Río Covés.

O lume, sobre o que non se precisaron as causas, afectou á campá extractora, ao mobiliario e a outros electrodomésticos da cociña, sen que se producisen danos de carácter persoal.

Despois de apagar o lume, os bombeiros refrescaron a estancia, controlaron a temperatura e ventilaron o fume que se concentrou no interior. Tamén foron alertados a Policía Local de Pontedeume e a agrupación de voluntarios de Protección Civil.