Esta semana arrincan as camiñadas saudables por Pontedeume

LA VOZ FERROL

PONTEDEUME

CEDIDA

Persoal do centro de saúde organiza as saídas

16 abr 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Pontedeume informa de que o persoal do centro de saúde está organizando un programa de oito saídas a camiñar que se desenvolverán entre os meses de abril e xuño.

As sesións consistirán en comezar con 5-10 minutos de quecemento, seguir coa camiñada propiamente, que inicialmente será de 30 minutos a un ritmo moderado polo paseo marítimo, e finalizar con 5-10 minutos de estiramentos.

A primeira prevista no calendario chega xa esta semana, o 17 de abril. Para continuar programadas o 24 de abril, 2 de maio, 9 de maio, 15 de maio, 22 de maio, 29 de maio e 5 de xuño.

O horario será de 11.30 a 12.30 horas. En caso de non poder realizar a marcha por mal tempo, organizaranse actividades alternativas dentro do centro de saúde.