Pontedeume anima aos locais a sumarse ao certame Ponche de Petiscos

LA VOZ PONTEDEUME

PONTEDEUME

JOSÉ PARDO

O prazo para anotarse está aberto ata o 19 de abril e o concurso terá lugar do 24 ao 26 de maio

11 abr 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Ponche de Petiscos é o nome do certame convocado polo Concello de Pontedeume e a Unión de Comerciantes e Autónomos (UCOA), ademais dunha invitación a participar. Os negocios de hostalería teñen de prazo ata o 19 de abril para anotarse e ata o 30 para realizar a fotografía oficial do petisco co que competirán, no local de TaniArte Fotografía.

Os locais poden apuntarse no correo ucoapontedeume\gmail.com, de forma gratuíta para os socios de UCOA (os demais deberán pagar 30 euros de cota). O concurso está aberto a bares, cafeterías, restaurantes ou mesóns, e desenvolverase os días 24, 25 e 26 de maio, de 13.00 a 15.00 e de 20.00 a 22.30 horas.

Con esta iniciativa, o Concello e a asociación pretenden «dar a coñecer a enorme calidade do produto local e promover o consumo na vila», segundo recalca a concelleira Alejandra Bellón.