Pilar Díaz chega á alcaldía de Mugardos ao prosperar a moción de censura a Juan Domingo de Deus

La Voz MUGARDOS

MUGARDOS

Carla Elías / Anxo Manso

Pleno bronco, entre apupos, aplausos e berros de «alcalde» e «alcaldesa»

12 ago 2016 . Actualizado ás 23:51 h.

Pilar Díaz, de EU, é a nova alcaldesa de Mugardos ao prosperar a moción de censura ao rexedor do PP Juan Domingo de Deus.

Nun pleno bronco e abarrotado, o pacto entre EU, Iniciativa Cidadá de Mugardos (ICM) e o BNG para desbancar da alcaldía ao edil popular foi aprobado mentres os apupos desde os partidarios do PP impedían que na sala se escoitase a intervención da nova alcaldesa. 

Continuas interrupcións, entre berros, marcaron a sesión, dirixida pola meda de idade integrada polos edís de maior idade, o nacionalista Argemino Varela, que chamou a atención a varios asistentes do público en reiteradas ocasións, e a máis nova, a nacionalista Tania Fernández. O grupo municipal do PSOE abstívose na votación. 

O balbordo tamén chegaba desde as filas da esquerda, que non apuparon ao PP e limitáronse a vitorear á nova rexedora con aplausos e ao berro de «si se pode» e «alcaldesa».