A investigación apunta a que a morte dun home no porto de Ferrol foi «accidental»

Bea Abelairas
Bea Abelairas FERROL

FERROL CIDADE

Cuerpo aparecido en el muelle de Ferrol
Corpo aparecido no peirao de Ferrol JOSE PARDO

Os servizos de urxencia rescatárono á altura da rampla do pantalán onde se collen as lanchas que van a Mugardos

01 mares 2024 . Actualizado ás 12:53 h.

O Xulgado de Instrución número 1 de Ferrol, en funcións de garda, abriu dilixencias o sobre o cadáver que apareceu este mércores flotando no peirao. Fontes desta sala precisan que xa recibiron o informe preliminar da autopsia e que «indica que se trata dunha morte accidental. No entanto, trátase do preliminar, polo que hai que agardar ao informe definitivo.

A vítima é un home que rolda os 70 anos e que puido precipitarse desde a beira pouco antes do mediodía, cando saltou a alarma. Estaba ante a rampla da zona onde se collen as lanchas que navegan con pasaxeiros ata Mugardos. Nun principio foron alertados os Bombeiros de Ferrol e policía local, pero foi finalmente o Sasemar e o 112 os encargados de rescatar o corpo da auga e agardar ao seu levantamento xudicial.

A Policía Nacional é a encargada da investigación do caso e de remitir o atestado do sinistro ao xulgado de garda. O achado do corpo causou moito balbordo na zona do peirao, onde había moitas testemuñas este mércores ao mediodía.